Penete? Segundo o profesor don Benigno González o nome da casa débese a que está construída sobre unha grande pena ou peneda. Cando hai anos se arrancaba o esterco sempre acababa a picaña dando na pedra do chan nas cortes. Tamén don Ángel González Lamas nos aporta os datos da Casa do Penete |
|
1º XERACIÓN da Casa do Penete ANDRÉS RODÍGUEZ. Casou con DomingaVázquez e tiveron a |
|
2ª XERACIÓN da Casa do Penete MANUEL RODÍGUEZ, que casou con Inés González, de Oseira. Tiveron a |
|
3ª XERACIÓN da Casa do Penete FRANCISCO A. RODRÍGUEZ en 1743, Domingo 1744, María 1746, Rosa 1749, Rosa 1750, María 1751, Domingo 1755 e María 1756. FRANCISCO casou con María. P., de Trasar e tiveron a |
|
4ª XERACIÓN da Casa do Penete FERNANDO RODRIGUEZ en 1763, Dominga 1759, Manuela 1766, Domingo 1769, Simón 1775 e Antón no 1776. FERNANDO casou con María Lobelle, de Santa Cruz, e tiveron a |
|
5ª XERACIÓN da Casa do Penete MANUEL RODRÍGUEZ,Vicenta 1797, Rafael 1800, Andrea 1801, Rafael 1802, Xosefa 1804 e Francisco 1808. MANUEL casou con Rita Osorio, da Carballeira, e tiveron a |
|
6ª XERACIÓN da Casa do Penete MANUELA RODRÍGUEZ en 1829, Xosefa 1818, María 1821, Tareixa 1822, Domingos 1825, Adrea 1832 e Xosé 36. MANUELA casou con Ramón García, de Viana, e tiveron a |
|
7ª XERACIÓN da Casa do Penete XOSÉ GARCÍA en 1861, Francisco 1853, Manuel 1855, Vicente, 1867 e María Xosefa no 1871. XOSÉ casou con Manuela López, de Vilardamos, -filla de Andrea Dominga que era da Casa de Baixo de Trasar- e tiveron a |
|
8ª XERACIÓN da Casa do Penete SEGUNDA GARCÍA en 1893, Gumersindo 1888 e Francisco en 1897. SEGUNDA casou con Ánxel González, da casa do Pelcho, de Vilaguillulfe e tiveron a |
|
9ª XERACIÓN da Casa do Penete FRANCISCO GONZÁLEZ en 1921, Cándido 1918 e Xabier no 1923. FRANCISO casou con Vicenta González, da casa de Baixo de Trasar (volven así xuntarse descendentes da 6ª xeración da Casa de Baixo xa que o Paco e a Vicenta son tataranetos de José González e Francisca González. Seica xa non tiveron que pedir dispensa da Igrexa para casaren. Lémbrese o de: 3º con 5º casamento limpo) e tiveron a |
|
10ª XERACIÓN da Casa do Penete : Os Parentes ASUMPTA GONZÁLEZ en 1953. A TITA casou con Afonso Ojeda. |
|
![]() |
A Mamá Carmen co Paco, a Vicenta, a Tita, o Daniel ... |